Alimentación saudableDesde esta sección pretendemos ofrecer unha serie de consellos saudables, relativos tanto á nutrición como aos distintos hábitos e modos de vida, coa finalidade de que alcance un maior benestar e calidade de vida.Tales consellos abarcan temas coma os almorzos saudables, unha boa dieta, consellos sobre a lactancia materna ou as distintas estratexias adoptadas polas organizacións, coa finalidade de obter beneficios directos para toda a poboación.
Almorzos SaudablesA dieta galega experimentou importantes cambios nos últimos anos, de xeito que se caracteriza por un aumento do consumo de alimentos de orixe animal e un descenso do consumo de cereais, leguminosas, froitas e verduras o que, xunto ao sedentarismo, está a influír na saúde dos galegos.Coa fin de promover unha alimentación saudable da poboación e a práctica dunha actividade física continua, este programa centrarase na posta en marcha de diversas estratexias dirixidas a coñecer a situación actual en Galicia, á prevención, información e sensibilización dos distintos colectivos. Documentación almorzos saudables:
Aperitivos saudables para máquinas expendedoras de alimentosNutrientes de interese para clasificar un produto de aperitivo segundo o seu contido nutricionalAperitivos saudables:
Declaración de Baiona sobre a dieta AtlánticaO concepto de dieta atlántica está asociado ao de dieta saudable e dieta funcional. Son moitos os países europeos cuxas costas son atlánticas e con modelos alimentarios distintos, cuio estudo se fai primordial para comprender mellor a súa influencia no desenvolvemento e saúde dos seres humanos.Un numeroso grupo de científicos e profesionais do denominado Arco Atlántico leva traballando estes últimos anos para converter a dieta atlántica en referente internacional de dieta saudable. Declaracion de Baiona:
Consellos para unha boa lactación materna¿POR QUÉ LACTACIÓN MATERNA?O leite materno é o mellor alimento que unha nai pode ofrecer ao seu fillo recentemente nado. Non só considerando a súa composición, senón tamén no aspecto emocional, xa que o vínculo afectivo que se establece entre unha nai e o seu bebé aleitado constitúe unha experiencia especial, singular e intensa. Existen sólidas bases científicas que demostran que a lactación materna é beneficiosa para o neno, para a nai e para a sociedade, en todos os países do mundo. Consellos Sobre a Lactación Materna (Parte 1):
Guía alimentación en persoas de idade avanzadaEsta guía pretende ofrecer ás persoas de idade avanzada ferramentas e suxestións para axudar ás persoas maiores de 65 anos a comer ben e manterse activas.Guía alimentación en persoas de idade avanzada:
Estratexia NAOS pola prevención da obesidadeDocumentación Estratexia NAOS:
Estratexia mundial sobre réxime alimentario, actividade física e saúdeDocumentación Estratexia da OMS: |
|