|
Para volver a información do concello de Chantada pode facelo premendo aquí.
Proxecto: Programa de apertura de centros educativos públicos fora do horario lectivoActividade no concellos de Chantada o día 9 de xullo do 2008.
PROXECTO: PROGRAMA DE APERTURA DE CENTROS EDUCATIVIOS PÚBLICOS FORA DO HORARIO LECTIVO Lugar: Concello de Carballedo XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO
Xogos pre-deportivos Multideportes Karate Taller lúdico saudable O documento que agora se presenta contén o Proxecto “Programa de apertura de Centros educativos públicos fora do horario lectivo nos concellos de Galicia, realizado polas Técnicas do proxecto concellos saudables de Chantada, Taboada e Carballedo e pola traballadora social de Carballedo. O presente documento recolle a proposta de actividades a realizar neste centro durante o curso escolar 2008 xunto cos obxectivos, así como a descrición de tódolos elementos organizativos e metodolóxicos necesarios para o seu desenrolo. O Proxecto de Actividades fora de horario lectivo no Centro, vai dirixido fundamentalmente ao alumnado, facéndose receptores activos dunha proposta que solo pode facerse realidade coa súa participación; as características diste alumnado nos centros de primaria vai definir a nosa actuación. Obxectivos como potenciar hábitos de participación e utilización de recursos socioeducativos do seu entorno, fomentar valores humanos, hábitos saudables e habilidades sociais contribuíndo a formación integral do alumno, así como achegar os pais ao centro, van a guiar o noso proxecto. Trátase pois de converter o centro de ensinanza nun lugar de vida e traballo, espazo de encontro e intercambio, incluído nunha comunidade que camiña no desenrolo sociocultural dos seus membros. Debido as escasas ofertas de actividades lúdicas, recreativas e socioeducativas que actualmente se desenrolan no Concello de Carballedo, como consecuencia das limitacións económicas do mesmo, vemos nesta orde do Documento Oficial de Galicia, unha oportunidade única para poder realizar propostas co fin de lograr un desenrolo integral do nosa poboación infantil, cubrindo as súas necesidades educativas básicas e logrando crear as bases duns hábitos saudables que se asentarán para seu futuro. Os hábitos saudables aos que nos referimos son: - Lograr adquirir un gusto e pracer pola práctica de actividade física a través das experiencias positivas das actividades a realizar. - Inculcar nocións básicas, mediante actividades lúdicas, dos hábitos alimentarios saudables. - Concienciar dos aspectos negativos do tabaquismo a través de xogos. - Inculcar hábitos hixiénicos. Ademais das xustificacións anteriores non queríamos deixar de resaltar o papel primordial das actividades lúdicas na infancia. Aprender máis e de mellor maneira, con contidos transcendentes para o ser humano nunha concepción dinámica da intelixencia no que interveñan factores internos e externos a partir dun potencial, debe ser o obxectivo primeiro e último de casqueira proxecto educativo que postule o desenrolo físico, psíquico e social infantil. Ninguén dubidaría, a estas alturas, que os nenos e nenas son felices xogando, solo esta afirmación xustificaría a inclusión do xogo na elaboración dun proxecto educativo e o papel relevante que debe ter neste. Xogar é participar dunha situación interpersoal na que están presentes a emoción, a expresión, a comunicación, o movemento e a actividade intelixente. Polo que o xogo pasa a ser un instrumento esencial no desenrolo e potenciación das diferentes capacidades infantís, que é o obxecto último da intervención educativa. Nun enfoque de educación integral e globalizada, os compoñentes psicolóxicos van estreitamente vinculados aos compoñentes emocionais e afectivos, especialmente o factor espontaneidade, creatividade e proxección da autonomía persoal. O xogo funciona nun espazo de desenrolo e aprendizaxe no que se funden os factores cognoscitivos, motivacionáis e afectivos- sociais que se converten no estímulo da actividade, o pensamento e a comunicación.
Implicar ós nenos a través de actividades lúdicas e talleres para que a idea de saúde e das prácticas saudables de vida, pasen a formar parte do cotiá, é dicir, que o exercicio físico, a vida sen tabaco e outras drogas e unha alimentación sana sexan algo que non é unha obriga, senón un estilo de vida que conleva importantes beneficios que redundarán nunha mellor calidade de vida en calquera das idades.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES De acordo coa orde do 26 de maio de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, subvencións para o confinanciamento do programa de apertura de centros educativos públicos fora do horario lectivo nos concellos de Galicia para o ano 2008, a Unidade de Concellos Saudables de Chantada, Carballedo e Taboada presento as bases estipuladas para o programa no Concello de Carballedo. Actividades no concello de Chantada
Novas do concello de Chantada
Para volver a información do concello de Chantada pode falcelo premendo aquí. |
|