.
.
Actividades de Fomento da Actividade Física Comunitaria
Para desenvolvemento do proxecto ímonos fixa-los seguiente OBXECTIVOS distribuidos nas tres franxas de idade seguintes: Idade infantil e adolescente, Idade Adulta e 3ª Idade.
IDADE INFANTIL E ADOLESCENTE
Promoverase nesta idade un emprego de alomenos unha hora de exercicio diario con actividades físicas e deportivas que poden ser non puramente deportivas senón, lúdico-deportivas que poden ser como segue:
- A través dos propios centros escolares, para que nos tempos de recreo ou sen actividade se motive ós rapaces para que participen en actividades que promovan o exercicio físico, coordinación, etc a través de actividades propiamente deportivas, musicais, etc.
Para elo cumprirá poñerse de acordo cos centros escolares a traverso da correspondente dirección, informandolles de actividades que se poden levar a cabo cos rapaces nos espazos de tempo libre, alternadas e variadas, con fornecemento de materiais de apoio.
- A través das Escolas Deportivas dos Concellos, piscinas municipais, instalacións deportivas en xeral (campo de fútbol, pistas de tenis, parques). Pódese neste caso implicar non só os centros escolares senón as asociacións de toda índole, especialmente as deportivas.
- Actividades encamiñadas á utilización dos recursos naturais cos que contan os Concellos para encher aquelas fins de semana valeiras, especialmente as invernais, a través do desenvolvemento e recuperación de xogos tradicionais, senderismo, rutas en bicicleta polas paraxes mais senlleiras dos municipios.
IDADE ADULTA:
Básicamente o que se pretende nesta idade e conseguir que a poboación adulta poida realizar alomenos 45 minutos de actividade físicá diaria utilitaria, de xeito continuo ou intermitente co fin de minimiza-lo sedentarismo e reduci-la perda de condición física ó mesmo tempo que se consumen calorías.
Tamén se propón que nesta idade se fagan alomenos entre 3 e 5 sesións semanais de exercicio físico continuo e de intensidade moderada.
Os obxectivos que acadaremos será minimiza-lo sedentarismo, gastar calorías e mellorar ou manter a condición física, que se traduce nunha mellor saúde.
Nesta idade será mais preciso:
- Prestar información detallada sobre as actividades mailos seus beneficios.
- Facilita-los medios necesarios para o seu desenvolvemento como: Préstamo de material, medios adecuados, acceso a instalacións, etc.
Tamén se encamiñará á creación de actividades propias e axeitadas á idade como:
- Rutas de sendeirismo saudables.
- Actividades en ximnasio
- Actividades deportivas
- Actividades en piscina.
TERCEIRA IDADE:
O que imos tratar de acadar con este grupo de idade é basicamente:
- Estimula-la seguridade, independencia e autorealización.
- Manter capacidades físicas.
- Retrasa-lo proceso de envellecemento
Todo ilo redundará nunha mellor calidade de vida.
Pretendemos acadar que esta poboación realice polo menos 45 m de actividade física e lúdica diaria a través de :
- Ximnasia suave
- Acitividades acuáticas
- Xogos tradicionais
- Coordinación, bailes.
GRUPOS ESPECÍFICOS:
Englobaremos aquí grupos de persoas con problemas mulculoesqueléticos, cardiovasculares e obesidade e sobrepeso para os que serán necesarias actividades especialmente planificadas e supervisadas e sempre en colaboración con profesionais do Centro médico de saúde.
Obxectivos do programa:
Os obxectivos que se pretenden acadar son os de implicar ós distintos grupos de idade para que a idea de saúde e das prácticas saudables de vida, pasen a formar parte do cotiá, é dicir, que o exercicio físico sexa algo que non é unha obriga, senón un estilo de vida que conleva importantes beneficios que redundarán nunha mellor calidade de vida en calquera das idades.
Trátase de aumenta-la porcentaxe de persoas a participar nas actividades, que por tramos de idade, podendo acadar ata un 25% de media, segundo os grupos.
Estos obxectivos son acadables porque se conta con instalacións en prácticamente tódolos Concellos que poden levarnos cecais a acadar porcentaxes mais elevadas, estando a dificultade na concienciación que se levará a cabo a través de medios de comunicación, centros de traballo, Concellos, Centros de Saúde, Administracións en Xeral, Colexios, Asociacións de Veciños, etc.
Actividades a realizar:
As actividades a realizar quedan descritas anteriormente e no que se refire ós calendarios dividiremo-los en dous bloques: aquelas actividades propias do verán e actividades de inverno.
- Actividades de verán: Son as descritas anteriormente pero realizaranse predominantemente ó aire libre, centradas na conxunción da actividade física co propio coñecemento dos Concellos participantes, como poden ser o senderismo, rutas en bicicleta, olimpiadas simbólicas entre Concellos, co uso das instalacións coas que contan os mesmos, actividades de intercambio entre todos eles, etc.
- Actividades de inverno: Realizaranse, dependendo da climatoloxía, preferentemente en instalacións ad hoc, como poden ser piscinas municipais, pavillóns polideportivos, centros de ensino, Casa da Cultura, Casa da Xuventude.
En canto ó número de participantes podemos dicir que o obxectivo e tratar de acadar que alomenos entre un 35 e un 55% da poboación dos Concellos participe nestas actividades.
A avaliación farase polo Grupo de Traballo, Comisión ou organo colexiado, con apoio dos técnicos necesarios, que avaliarán a participación e resultados do programa.