|
Para volver a información do concello de Chantada pode facelo premendo aquí.
Inauguración do Parque BiosaudableActividade no concellos de Chantada o día 23 de xullo do 2008.
Inauguración do Parque Biosaudable - Hora: 20:00 - Lugar: Instalacións do parque Biosaudable, a veira do paseo fluvial e as piscinas municipais. Xustificación: Actualmente, na nosa sociedade, existe unha maior conciencia da importancia que ten a práctica regular de actividade física na consecución dun estilo de vida saudable, para mellorar a calidade de vida e para dar vida aos anos vividos. Os estudos levados a cabo nestes últimos anos, revelan o imprescindible papel da actividade física no mantemento e mellora dos diferentes órganos e sistemas do corpo humanos e, polo tanto, na saúde global da persoa. Por todo isto, queremos ofrecerlles a tódalas persoas maiores unha alternativa para a práctica de actividade física colocando maquinarias axeitadas para a libre utilización e para combater o sedentarismo. Os parques biosaudables para persoas maiores están pensados para o desenrolo de actividades de mantemento e mellora da aptitude física mediante exercicios sinxelos. Para que a actividade física realizada nestes aparellos non sexa contraproducente debemos respectar tanto o nivel de entrenamento de cada persoa como a forma correcta de utilización. Obxectivo Xeral: Fomentar a práctica de actividade física da poboación en xeral colocando na vía pública unhas máquinas para a realización de exercicio ao aire libre. O parque colocarase a carón do paseo fluvial, lugar nel cal a xente camiña e corre diariamente. Obxectivos específicos: - Mellorar diferentes aspectos psicosociais como o aumento da socialización, da autoestima, alivio do stress e mellora da sensación de benestar. - Combater os problemas relacionados co sedentarismo. - Mellorar a coordinación e o equilibrio. - Fortalecer a musculatura en xeral. - Mellorar a capacidade cardiovascular, a osixenación dos tecidos, a controlar a presión arterial e a previr doenzas coronarias Desenrolo: Na inauguración realizaranse actividades para ensinar o funcionamento dos distintos aparellos: - Explicación da utilización de cada unha das máquinas - Circuíto en grupo de 11 persoas ( unha por máquina) con duración de 1`, rotando á dereita con 1` para realizala. - Darlle continuidade ao parque co un monitor que estará alí unha vez ao mes en un horario específico para corrixir e planificar táboas sinxelas de adestramento. O remate da actividade as persoas poderán degustar unha brocheta de froitas saudable. Asesoramento técnico: Co fin de darlle unha continuidade e unha utilización correcta contarase cunha persoa especializada en exercicio físico. Este asesoramento realizarase durante unha semana dende o luns 28 de xullo ata o venres 1 de agosto no seguinte horario: Mañans: 9:30-11:00 horas Tardes: 19:30-21:00 horas
Actividades no concello de Chantada
Novas do concello de Chantada
Para volver a información do concello de Chantada pode falcelo premendo aquí. |
|