.
.
ÁREA DE PROMOCIÓN DUNHA ALIMENTACIÓN EQUILIBRADA:
É unha realidade o incremento da enfermidades tales como diabete, hipertensión, obesidade, etc, polo que é fundamental realizar actividades de promoción da dieta equilibrada encamiñada ao establecemento de hábitos saudables entre toda a poboación.
- Obradoiros sobre dieta saudable: comer con cores , dieta atlántica, etc.: desenvolvidos en diferentes lugares e para diferentes colectivos (centros educativos, asociacións, centros sociais parroquiais, etc.) co obxectivo de promover conductas alimenticias saudables que preveñan patoloxías específicas.
- Charlas sobre alimentación saudable: actividade que xa se ven desenvolvendo cos departamento de sanidade das entidades locais, e que, a través deste proxecto, xeralizarase a toda a poboación co obxectivo de modificar certos hábitos alimenticios da poboación.
- Obradoiros e charlas informativas sobre dieta saudable na terceira idade: enfocadas a formar e informar aos profesionais de centros xeriátricos, auxiliares de axuda no fogar, etc, en colaboración cos departamentos de sanidade e servizos sociais das entidades promotoras.
- Promoción da lactancia materna: actividade que se desenvolve, desde hai anos, no centro médico de Lalín, coa colaboración da matrona do mesmo, coa que colaborará estreitamente a Unidade Concello Saudable.
- Obradoiros con grupos con patoloxías específicas: diabete, hipertensión, enfermidades cardiovasculares, activación do metabolismo etc, en colaboración cos departamentos de sanidade e cos centros médicos dos concellos promotores.
- Prevención da obesidade: obradoiros enfocados a todas as idades, encamiñados, por unha banda, a detectar obesos e obesas e traballar con eles para solucionar dita situación e, por outra, coas familias para evitar a obesidade entre os máis xóvenes.
Promoción de alimentos autóctonos dentro da dieta atlántica:
Utilizar os diferentes actos gastronómicos, das entidades locais participantes, para promover a dieta atlántica, elaborada con productos autóctonos, de calidade, seguindo as directrices saudables e tradicionais da cultura galega.