.
.
ÁREA DE PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE FÍSICA:
A vida sedentaria que leva a meirande parte da poboación impón a necesidade de desenvolver proxectos que promovan a realización de actividade física na poboación en xeral, prestando especial atención aos nenos e nenas, en idade escolar, e á terceira idade, co obxectivo de fomentar, entre estes colectivos, hábitos saudables que se desenvolverán ao aire libre e nas dependencias deportivas municipais.
- Escolas deportivas: organización de diferentes actividades deportivas, destinadas a escolares de ambos municipios, en horario extraescolar, desenvolvidas en colaboración co persoal das concellerías de deportes de Rodeiro e Lalín. Entre as actividades planificadas están: fútbol, balonmán, baloncesto, patinaxe, natación, etc. A pesar de ser actividades desenvolvidas desde hai anos polas entidades locais participantes neste proxecto, coa Unidade de Concello Saudable sistematizaranse procedementos e xestionaranse de xeito integrado.
- Fomento da actividade física en maiores: tales como taichi, ioga, ximnasia de mantemento, aerobic, etc. Son actividades que xa se desenvolven na actualidade pero, mediante a Unidade, promocionaranse e ampliaranse a toda a poboación.
- Ximnasia para embarazadas: coa colaboración da matrona de Lalín e dos centros médicos de Lalín e Rodeiro, organizándose actividades pre e post parto.
- Sendeirismo para todos: aproveitando a ruta do Camiño de Santiago que pasa por ambos Concello: O Camiño de Inverno, desenvolveranse rutas, de diversos niveis de dificultade, para promocionar esta actividade entre toda a poboación, en colaboración coas entidades locais e coa asociación Camiño de Inverno, encargada de dinamizar dita ruta.
- Xogos saudables: creación de espazos verdes, un por cada concello, con xogos saudables, co obxectivo de que a poboación, fundamentalmente persoas da terceira idade, poidan desenvolver actividades ximnásticas ao aire libre.