|
Para volver a información do concello de Chantada pode facelo premendo aquí.
carpa "medición da composición corporal"Actividade no concellos de Chantada o día 19 de xuño do 2009.Carpa "medición da composición corporal"
Data: 4 de Julio de 2009
Lugar: Campo da feira de Taboada (Lugo)
Hora: dende as 11:00 ata as 13:30
A Concellería de Sanidade a través do proxecto Concellos Saudables de Chantada, Carballedo e Taboada, en colaboración cos Concellos respectivos teñen o agrado de invitalos a participar do Carpa-Stand da valoración da Composición Corporal para maiores de 8 anos.A actividade e gratuíta e haberá regalos para incentivar a práctica de actividade física e alimentación saudable.
È unha oportunidade única de saber de maneira gráfica e concreta os porcentaxes da materia que conforma noso corpo, dando certos parámetros que nos permitirán precisar os déficit e excesos que o compoñen. Aproveitando o día de feira de Castro, dende os Concellos Saudables pretendese realizar unhas medicións antropométricas e dos porcentaxes de materia graxa e muscular de noso corpo, para logo facer unhas recomendacións personalizadas de actividade física e alimentación adaptado á información que ofrecen os resultados das probas previamente realizadas.
A tódolos participantes entregarase unha plánela coa información da composición corporal:
· Porcentaxe de materia graxa
· Porcentaxe de materia magra
· Porcentaxe de auga corporal
· IMC: Índice de Masa Corporal
· Peso
· Talla
· Perímetro de cintura
· Perímetro de cadeira
As probas están deseñadas para toda a poboación, sendo sinxelas e moi precisas. Ao finalizar as medicións as técnicas de actividade física e de nutrición do proxecto Concellos Saudables explicarán e aconsellarán aos participantes. Actividades no concello de Chantada
Novas do concello de Chantada
Para volver a información do concello de Chantada pode falcelo premendo aquí. |
|