|
Programa Galeg@s Saudables
A sección Programa Galeg@s Saudables está dirixida a toda a poboación galega (nenos, adultos e maiores). Nela ofrécese unha sinxela e detallada explicación sobre a correcta execución de determinados exercicios que valoran a condición física relacionada coa súa saúde. Para acceder a ela só ten que pulsar no apartado de “Información” correspondente á súa idade. Se ademais desexa recibir un informe sobre o seu estado de saúde física e obter recomendacións para mellorar o seu estilo de vida, é necesario que se rexistre no Programa Galeg@s Saudable e anote e envíe os resultados obtidos en cada unha das probas.
|
|