Comprobe a información da sua conta que introduciu anteriormente (pode cambiar todos os datos que desexe) e consulte as Condicións do servizo que aparecen a continuación.
Propiedade intelectual
Concellossaudables.com e propiedade da conselleria de sanidade en colaboración coa universidade da Coruña.
Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da conselleria de sanidade e a Universidade da Coruña.
Con estas páxinas preténdese fomentar entre os cidadáns á cultura dunha vida san.
Cláusula de exención de responsabilidade
O contido facilitado a través desta web emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións e dos actos que teñan que ser publicados formalmente no DOG e noutros boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, concellos sauadbles non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado.
concellos saudables non se fai responsable dos danos e perdas que puider ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web.
Concellos saudables non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos dos enlaces a páxinas externas a que se fai referencia na web.
Concellos saudables reserva para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
Reprodución
A reprodución dos contidos desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe e que se solicite autorización. O usuario comprométese a usar esta web exclusivamente para uso persoal.
Caixas de correo
Concellos saudables non se responsabiliza das contestacións que se realicen a través dos distintos enderezos de correo electrónico que aparecen nestas páxinas, agás as do propio departamento. A información obtida a través das caixas de correo contidas nestas páxinas ten carácter meramente informativo, sen que en ningún caso poida derivar dela ningún efecto xurídico vinculante.
Servizo
Preténdese reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume ningunha responsabilidade respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta destas páxinas.
Recomendacións de acceso
Concellos saudables procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesible para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.
Recoméndase empregar navegadores de versión recente tales como Netscape Navigator, Mozilla e derivados (Firefox), Opera, Apple Safari, etc.
En equipos de sobremesa de uso común recoméndase o uso de resolucións de pantalla iguais ou superiores a 1024 x 768 pixels.
Termos de uso
Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.
Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.
O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos eou a información ofrecida.
Privacidade
A política de privacidade de concellos saudables baséase en solicitar unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionarlle os servizos da web. O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 151999, de protección de datos de carácter personal, e no resto da normativa de aplicación. Os datos que se recollan trasladaranse informaticamente ou arquivaranse co consentimento do cidadán, que ten dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para que os usa, solicitar que estes sexan exactos e que se utilicen para o fin para que se recollen, coas excepcións previstas na lexislación vixente.